Ayuntamiento-full

LA CORPORACIÓN DE A CORUÑA HA APROBADO UNA MOCIÓN PARA EXIGIR AL GOBIERNO DE RAJOY LA DEROGACIÓN DE LA SEGUNDA DISPOSICIÓN ADICIONAL DE LA LEY 4/2013, QUE SUPRIME LAS PRÓRROGAS DE SUBSIDIACIÓN DE PRÉSTAMOS PROTEGIDOS.

LA MOCIÓN HA SIDO PRESENTADA POR EL BNG A INSTANCIAS DE LOS 400 AFECTADOS DE  LOS BARRIOS DE NOVO MESOIRO, EIRIS Y CATRO CAMIÑOS.

HA CONTADO CON EL APOYO DE TODOS LOS PARTIDOS: BNG, MAREA ATLÁNTICA Y PARTIDO SOCIALISTA.

TAMBIÉN EL PP TERMINÓ RESPALDANDO LA PROPUESTA, AUNQUE INTENTÓ QUE FUERA EL PROPIO AYUNTAMIENTO EL QUE ASUMIERA ESTE GASTO.

La moción manifiesta la solidaridad y apoyo institucional a las reivindicaciones de los afectados y exige a la Xunta que pida al Gobierno del Estado que salga de las próximas elecciones #20D que derogue la segunda disposición adicional de la Ley 4/2013, que suprime las prórrogas de subsidiación a miles de familias, de las cuales unas 400 son residentes de los barrios coruñeses de Novo Mesoiro, Eiris y Catro Camiños.

PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA SUPRESION DA SUBSIDACION DAS AXUDAS AS HIPOTECAS DE NOVO MESOIRO

MOCIÓN PRESENTAR PLENO 14 DE DECEMBRO DE 2015

Dende a plataforma de afectados das pola supresión das axudas as hipotecas de Novo Mesoiro  queremos  pedir mediante esta moción no pleno da nosa cidade, un apoio explícito as nosas reivindicacións como veciñ@s afectados desta cidade que somos, de todas as forzas que a compoñen.

Recordar que dende xuño de 2013 coa Lei 4 / 2013 na súa disposición segunda, retírasenos  todas as axudas as Vivendas de Protección que tiñamos concedidas e que estaban en proceso de renovación.

 Esta lei, de Estabilidade Orzamentaria , e non de Vivenda, anúlanos as nosas axudas,  sen mirar as consecuencias económicas das nosas familias. E para isto, usa unha argucia legal, xa que supón que nos aos 5 anos facemos unha nova solicitude de axuda e non unha renovación,  sen ter en conta que son os nosos plans de vivenda os que establecen 10 anos de axudas, cunha revisión aos 5, co único fundamento desta revisión que é se seguimos cumprindo cos requisitos económicos que viñan marcados nos plans, e nunca  unha nova solicitude .

Cando mercamos as nosas Vivendas de Protección, o fixemos sabendo que tiñamos unha serie de obrigacións  moi explícitas, (non podemos véndelas de forma libre durante varios anos, alugalas, ou renegociar as nosas hipotecas..)  pero a cambio tiñamos unhas axudas que nos equiparaban coa vivenda libre. Esta  lei, supón un cambio nas regras do xogo, onde só se favorecen ás entidades financeiras e ao estado, facéndolle un  agrávame  aos máis débiles, que somos nós, a cidadanía e incumplindo o compromiso da administración c@s propietari@s.

Tamén nos indigna, que o Tribunal Constitucional,  tribunal que se supón o garante do estado de dereito, tardara máis de 2 anos para resolver o noso recurso (xa sabemos que non é tan notorio como o de Cataluña) e decidirá dunha forma parcial e politizada non atender a nosa reclamación, como xa fixo noutras sentencias  sobre as hipotecas, resolvendo a favor dos intereses das entidades bancarias  e non da cidadanía. Sentencia contraditoria e non aclaratoria, que non recoñece un principio básico do noso ordenamento xurídico que é a irretroactividade das leis, tal e como defende o propio voto particular de dita STco.

Por todo elo o Pleno da Corporación, en sesión de 14 de decembro de 2015, adopta o seguinte ACORDO :

PRIMEIRO.- O Pleno da Corporación manifesta a solidaridade e apoio institucional ás reivindicacións da Plataforma de Afectadas/os pola supresión da subsidiación das axudas ás hipotecas de Novo Mesoiro, Eiris e Catro Camiños, así como do conxunto da cidadania afectada, e tal efecto acorda :

1.- Demandar da Xunta de Galicia que se dirixa ao goberno do Estado resultante das eleccións xerais do vindeiro día 20 de decembro, á derrogación da Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2013, de medidas de flexibilización e fomento do mercado de aluguer de viviendas, de xeito que se poidan autorizar todas as prórrogas de axudas de subsidiación de préstamos outorgados ao abeiro dos Plans estatais de vivenda 2002-2005, 2005-2008 e 2009-2012 e revogando as denegacións acordadas en base a dita DA Segunda da Lei 4/2013.

2.- As forzas políticas conformantes desta Corporación asumen o compromiso de defender nas Cortes Xerais resultantes das eleccións xerais do día 20 de decembro o sinalado no apartado 1 anterior.

3.- En tanto non se proceda ás modificacións normativas sinaladas no apartado 1 anterior, esta Corporación demanda da Xunta de Galicia a asunción orzamentaria do financiamento dos importes correspondentes a ditas axudas.

SEGUNDO.- Facúltase á alcaldía-presidencia para a execución do presente acordo.

 

 

> MOCIÓN APROBADA DEROGACIÓN LEY 4/2013 DA2 – AYTO CORUÑA (PDF)

 

Los afectados agradecemos a la Corporación de A Coruña el apoyo y la firme reclamación al Gobierno central de los legítimos derechos de los afectados.

Anuncios